Thursday 18 de April de 2024

Política Social salienta na necesidade de iniciativas que dinamicen social e culturalmente as zonas rurais nuns visita á Universidade Aldea do Couto


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe a Universidade Rural Aldea do Couto da Fundación Eduardo Pondal. Alí, o representante autonómico puxo en valor o traballo que se leva acabo a través deste proxecto dedicado a dinamizar social e culturalmente a zona, e que demostra así que vivir no rural é posible se a sociedade está comprometida. A Xunta de Galicia colabora para poder sacar a diante este proxecto a través dunha achega de 4.000 euros anuais.

Gonzalez Abeijón puido coñecer de primeira man as actividades realizadas polas persoas maiores nesta universidade, onde traballan coa memoria, fan exercicios de relaxación, informática, manualidades, exercicio físico con saídas culturais, lectura e xogos, entre outras iniciativas.